por

por

(< lat pro)

  1. Indica lugar onde ou a través do que.

    Ex: Foi pola beiravía. Sobe pola escaleira. 

  2. Expresa tempo pouco preciso ou indeterminado.

    Ex: Visitounos polo mes de marzo. 

  3. Indica duración.

    Ex: Marchou por un ano. 

  4. Indica repartición ou distribución.

    Ex: Foron pasando un por un. 

  5. Indica causa ou motivo.

    Ex: Non te chamaron por mal amigo. 

  6. Indica finalidade.

    Ex: Vai á tenda por leite. 

  7. Expresa prezo ou valor.

    Ex: Vendeuno por poucos cartos. 

  8. En beneficio de, en proveito de.

    Ex: Vaino facer polos fillos. 

  9. Expresa medio de transporte ou de transmisión.

    Ex: Mandouno por correo urxente. 

  10. Relaciona os factores dunha multiplicación.

    Ex: Cinco por tres son quince. 

  11. Introduce o complemento dalgúns verbos.

    Ex: Ide por el e volvede axiña. 

  12. Expresa o complemento axente nas oracións pasivas.

    Ex: O caso é sabido por todos nós. 

  13. Pregunta a causa ou motivo de algo, seguido do pronome interrogativo que.

    Ex: Por que me chamas? 

  14. Indica que algo non se realizou, ante infinitivo.

    Ex: Todo está por facer. 

  15. Indica modo ou maneira en que se realiza algo.

    Ex: Faino polas boas. 

  16. Indica substitución ou equivalencia.

    Ex: Cóntallo por min. OBS: Contrae coa segunda forma do artigo determinado dando lugar ás formas polo, pola, polos, polas.

Frases feitas

  • Por moito que loc conx Introduce unha oración que expresa unha dificultade que obstaculiza, pero non impide, o cumprimento indicado na outra. Ex: Por moito que insistas, non cho vou dicir.

  • Por/Polo tanto loc conx Indica consecuencia. Ex: Non quixeches vir comigo, polo tanto non tes agasallo.

Palabras veciñas

Poquelin, Jean-Baptiste | por | pór | por | por de, a | porbaixa | porbaixar