Porfirio
Porfirio
Filósofo neoplatónico. Viviu en Atenas, Cartago e Roma. Discípulo de Plotino, foi un experto divulgador das ensinanzas de Platón, Aristóteles e Plotino. Especialmente preocupado pola temática ético-relixiosa, cos seus quince libros Contra os cristiáns, dos que só quedan algúns fragmentos, quixo apartar a intelectualidade pagá dunha relixión que consideraba irracional. Influíu sobre o Occidente medieval, sobre todo co Isagoge, onde abordou o tema tipificado na árbore de Porfirio.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Tiro