Porras de Raíndo, casa de

Porras de Raíndo, casa de

Construción situada en Piloño (Vila de Cruces). Dentro dun recinto amurallado, sitúanse unha serie de edificacións arredor dun patio. A casa primitiva presenta planta rectangular e unha galería ao longo da fachada. Fronte a esta, sitúase outra construción rectangular de cachotaría cunha torre no seu extremo. Conta cunha capela e un hórreo que pechan os dous lados do patio. O portalón de entrada ten un arco de medio punto e un escudo no remate.

Palabras veciñas

porral | porrancho, en | Porras | Porras de Raíndo, casa de | Porras, Juan de | 1 porreiro | 2 porreiro -ra