Port Moresby

Port Moresby

Capital de Papua Nova Guinea que ten o status de distrito independente, aínda que tamén fai as funcións de capital da provincia Central (254.158 h [2000]). Situada ao SL da illa de Nova Guinea, é o porto marítimo máis importante, desde onde se exporta copra, coiro, madeira, café e caucho.