Portela Paz, Agostiño
Pintor, debuxante e augafortista. Comezou a súa formación artística en Pontevedra, onde tivo como mestre a Castelao, e trasladouse a Madrid para realizar estudos de enxeñaría e belas artes. Durante a súa estancia en Madrid promoveu a Liga de los Derechos del Hombre en España. Aparellador da Deputación de Pontevedra, estivo comprometido coa cultura galega e foi patrón fundador do Museo do Pobo Galego, patrono do Museo de Pontevedra, membro do Patronato do Pedrón de Ouro e correspondente da Real Academia Galega. No eido artístico foi colaborador en Vida Gallega, Faro de Vigo, La Noche e outras publicacións. Destacou no campo do debuxo humorístico (O Trasno) e ilustrou varios libros como Samos de Ramón Cabanillas ou Manuel Curros Enríquez: Biografía (1952), de varios autores. Publicou o libro de debuxos Pontevedra boa vila (1947) e, con A. Rodríguez Fráiz, As pontes do Lérez (1987). En 1980 realizou un plano coa reconstrución do recinto amurallado de Pontevedra de mediados do s XIX.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pontevedra