Portela Rivas, María Teresa

Portela Rivas, María Teresa

Piragüista. Do seu palmarés destacan os campionatos de España en K-1 500 m (2000 e 2004) e en K-4 1000 m (2004), ademais do de Europa en K-1 200 m (2002 e 2004), K-2 200 m (2004) e K-4 200 m (2002 e 2004).Obtivo tamén a medalla de bronce no campionato de Europa en K-2 e K-4 500 m (2004), a medalla de ouro no campionato do Mundo en K-1 200 m (2002) e a medalla de prata no campionato do Mundo en K-1 e K-4 200 m (2003). Participou nos Xogos Olímpicos de Atenas (2004) e obtivo o quinto posto en K-2 e K-4 500 m. En 2005 participou no campionato Mundial de piragüismo (Zagreb, Croacia) onde obtivo a medalla de ouro en K-1 200 metros, a medalla de prata en K-2 200 metros e Medalla de bronce en K-4 200 metros. En 2006 , no campionato Mundial de piragüismo (Szeged) obtivo o ouro en K-1 200 metros e K-4 200 metros e a prata en K-2 200 metros. Nos Xogos Olímpicos de Londres de 2012 obtivo o cuarto posto nos 200 m na categoría K-1

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Aldán, Cangas