Porto, pazo de
Porto, pazo de
Construción situada en Porto (Salvaterra de Miño). Ten planta en forma de L e foi realizada en cachotaría e cantaría, con dous pisos e unha escaleira de dobre acceso. Destaca a fachada na que está un escudo e a data de 1587. O muro é de cachotaría e ten unha porta de entrada arquitrabada.