Porto, ponte do

Porto, ponte do

Construción situada sobre o río Sor entre Mañón e Río Barba (O Vicedo). Realizouse en cachotaría e cantaría con arcos de medio punto e tallamares triangulares. Ten tres vans e sitúase no antigo Camiño Real de Viveiro a Ortigueira.