Portonovo

Portonovo

Localidade da parroquia de Adina, situada no concello de Sanxenxo. Tradicionalmente foi un pequeno núcleo pesqueiro que se converteu nun importante centro turístico das Rías Baixas. No seu porto, composto por dous diques que parten da costa, dominan as embarcacións pesqueiras, aínda que tamén posúe porto deportivo. Destacan as praias de Baltar e Caneliñas, situadas no centro do termo.