Portor, Santa María de

Portor, Santa María de

Igrexa parroquial situada en Negreira. Datada a mediados do s XII, construíuse en estilo románico con muros de cantaría e cachotaría de granito. Sufriu numerosas reformas e consta dunha soa nave con ábsida rectangular, e dous arcos semicirculares de descarga en cada un dos lados exteriores da ábsida, entre os seus contrafortes e o testeiro da ábsida. A sancristía engadiuse nun muro lateral. A fachada ten tres corpos e no da esquerda sitúase a torre.