posesivo -va
posesivo -va
(< lat possessīvu)
-
adx
Que denota posesión.
-
adx
Que ten un desexo excesivo de posesión ou control sobre alguén.
Ex: Ten un noivo moi posesivo.
-
s
m
[LING]
Clase de palabras que expresa unha relación de posesión, de dependencia ou de pertenza. Caracterízase semanticamente por facer referencia á persoa á que pertence ou que posúe un determinado obxecto. Teñen unha referencia dobre: refírense ao obxecto posuído, e con el concertan en xénero e número; e relaciónanse co posuidor, do que non se indica o xénero pero si o número, a través dunha modificación do radical. Fronte a outras linguas románicas, como o francés e o castelán, o galego presenta un paradigma único para determinantes e núcleos (a miña escultura; a miña).