positrón
positrón
s
m
[FÍS]
Antipartícula do electrón, que como tal ten a mesma masa e o mesmo spin que este, pero de carga eléctrica positiva, co mesmo valor absoluto. Foi enunciado teoricamente por Dirac en 1927 e observado por Anderson en 1932. Os positróns son produto de desintegración dalgúns núcleos radioactivos inestables (beta) ou aparecen ao lado dun negatrón na produción de parellas.