Pound, Ezra Loomis

Pound, Ezra Loomis

Poeta e ensaísta estadounidense. Estudou linguas románicas e trasladouse a Europa (1908). En Londres relacionouse cos poetas imaxinistas ingleses, aos que conectou cos poetas estadounidenses da época, e preconizou a claridade, economía e precisión da linguaxe. O éxito do imaxinismo en América, introducido por Amy Lowell fixo que, cara a 1916, se decantase cara ao vorticismo, xunto co poeta e pintor P. W. Lewis e o escultor Gaudier-Brzeska. Viviu en París (1920-1924) e Italia (1924-1945), onde se entusiasmou co fascismo e onde foi detido polos seus compatriotas en 1945 e trasladado a EE UU como prisioneiro de guerra, sendo declarado demente e internado nun manicomio de Washington (1946-1958), ata que volveu exiliado a Italia. Ademais do seu destacado labor como tradutor de old english (ss VII-XII), italiano, xaponés, chinés, exipcio ou provenzal, a súa obra máxima son os Cantos; o primeiro deles, Quia Pauper Amavi, data de 1917, e os últimos de 1959 (96-109) e 1968 (110-112). Recibiu o Premio Bollingen de poesía por The Pisan Cantos (1948).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Hailey, Idaho

  • Deceso

    Lugar : Venecia