Powys, John Cowper
Powys, John Cowper
Novelista e crítico literario inglés. A súa obra de máis éxito, Wolf Solent (1929) é, xunto a A Glastonbury Romance (1932), Owen Glendower (1940) e Porius (1951), o máis destacado da súa singular produción novelística, que combinou a prolixidade do s XIX (Dickens) e a introspección do XX (Proust). Tamén cómpre salientar a súa Autobiography (1934). Os seus irmáns Theodore Francis (Shirley, Derbi 1875-Sturminster Newton 1953) e Llewelyn (Dorchester 1884-Davos, Suíza 1939) tamén foron escritores.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Shirley, Derby -
Deceso
Lugar : Merioneth, Gales