poxa
(
-
s
f
Acción de poxar.
-
s
f
-
[ECON]
Sistema de venda pública que consiste en outorgar unha cousa ao mellor ofertante, é dicir, á persoa que ofrece un prezo máis elevado. É un dos principais elementos de comercialización da obra de arte. En Londres, a casa especializada Agnew’s data de 1817 e a actividade das casas Sotheby’s e Christie’s centralizaron as principais operacións mundiais do s XX, xunto á casa neoiorquina Pake-Bernet.
-
[DER/ADM]
Sistema que utiliza a Administración Publica para adxudicar os contratos, as concesións, os arrendamentos, o aproveitamento dos bens comunais, os servizos de recadación e cobro aos particulares que ofrecen condicións económicas máis vantaxosas. As adxudicacións da administración local funcionan segundo o sistema de concurso-poxa, en que se escolle, entre os presentados, os licitadores máis cualificados e se adxudica a obra ou o servizo ao mellor ofertante.
-
[DER]
enda pública que fai a autoridade xudicial dos bens embargados dun debedor e que se adxudica ao mellor ofertante, para satisfacer co seu prezo aos acredores que a demandaron. Unha vez feita a valoración dos bens, a venda é anunciada e executada baixo a presidencia do organismo xurisdicional que tramitou o preito.
-
[ECON]
-
s
f
Cantidade que se ofrece nestas vendas.