Practicante Compostelano, El
Practicante Compostelano, El
Publicación editada en Santiago de Compostela a partir de 1934. Subtitulada “Revista profesional”, estaba dirixida por Manuel de Latorre Lago a todos os profesionais do sector médico. Anúnciase como a continuación doutra publicación semellante que rematou a súa edición en 1930. Ademais dunha completa “Guía Profesional de Practicantes”, incluíu artigos de interese médico e unha “Galería de Prestigios Gallegos”, en que analizaba a figura de destacados profesionais da medicina.