Prada, encoro de
Prada, encoro de
Pantano creado pola construción dunha presa sobre o leito do río Xares, situado na parroquia de Prada, no concello da Veiga. Construíuse en 1958 facendo que a aldea de Alberguería quedase asolagada. O encoro ten unha capacidade de 122 hm3 aproveitando un total de 10 km onde o río estaba fortemente encaixado. O encoro pertence á empresa FENOSA.