Prados López, Constantino

Prados López, Constantino

Músico e pintor. Recibiu as primeiras nocións musicais de mans de Xosé García e despois na Escuela Superior de Bellas Artes de Madrid, onde fundou e dirixiu a tuna da escola e participou en rondallas. En Lugo fundou e dirixiu numerosas rondallas e exerceu de profesor de guitarra, laúde, bandurria, mandolina e frauta. Organizou e dirixiu o Grupo de pulso e púa do Círculo das Artes e dirixiu unha orquestra de cámara de guitarras. Compuxo pezas para guitarra e para canto con acompañamento de orquestra de pulso e púa. Das súas composicións destacan Zoraida, Tristeza, Guajiras, Alborada, Danza Árabe, Juventud, Alegría de zagales, vilancico composto sobre texto propio, Cantemos felices, A costa de Mondoñedo, Bágoas, Camiño do monte, sobre texto de Novoneyra, e Soio na noite, sobre texto de Manuel María. Realizou debuxos, caricaturas e pinturas e fundou con outros artistas lugueses o grupo Os Urogallos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lugo

  • Deceso