Prados Such, Emilio
Poeta. Tras o seu ingreso na Residencia de Estudiantes de Madrid coñeceu a J. R. Jiménez, quen determinou a súa orientación cara á poesía e a súa integración no círculo da Xeración do 27. Fundou con M. Altoaguirre a revista Litoral e a Imprenta Sur. Nas súas estadías en Europa coñeceu o ambiente cultural e vangardista da década de 1920, que influíu decisivamente na súa obra. Os primeiros libros, Tiempo (1925) e Canciones del farero (1926), próximas a García Lorca e Alberti, están enmarcados no neopopularismo andaluz, mentres que Seis estampas para un rompecabezas (1925) e Llanto subterráneo (1936) vincúlanse ao surrealismo. Tamén escribiu Llanto en la sangre (1937), Romances (1937), Cancionero menor para los combatientes (1938) e, xa exiliado, Mínima muerte (1942), Jardín cerrado (1946) e Nostalgias, sueños y presencias (1961).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Málaga -
Deceso
Lugar : México