praguicida

praguicida

(

adx e s m [QUÍM]

Aplícase ao produto químico empregado para combater os axentes que causan as pragas. Desde o punto de vista agronómico, divídense en insecticidas, acaricidas, funxicidas ou nematocidas, segundo o organismo ou organismos que combaten. Desde o punto de vista químico clasifícanse en organoclorados, de vida media longa (persistentes) e susceptibles de acumularse nos tecidos doutros organismos vivos que os combaten, como o caso do DDT, a aldrina e a dieldrina; organofosforatos, de vida media curta e subprodutos inofensivos, como o paratión e o malatión: piretroides sintéticos (piretrina) producidos en grandes cantidades; e inorgánicos, que conteñen cinc, coiro, arsénico ou mercurio e que son moi tóxicos para o ser humano e a vida animal en xeral. Segundo a forma de actuar clasifícanse en praguicidas por contacto, por inxestión e por inhalación, e segundo o seu perigo para o ser humano clasifícanse en: nocivos (Xn), tóxicos (T) e moi tóxicos (T+) ou de baixo perigo (sen nomenclatura). Tamén se clasifican polo o perigo para a fauna. Cada praguicida ten un termo de seguridade, que é o número de días que han de transcorrer entre a aplicación do produto e a colleita ou, no caso de gandaría, a entrada do gando.

Sinónimos

Palabras veciñas

praguear | praguense | Praguerie | praguicida | Praha | Prahova | praia