Prat, José
Prat, José
Publicista e militante anarquista. Refuxiado en 1896 no domicilio vigués de Ricardo Mella, colaborou intensamente cos periódicos ácratas coruñeses El Corsario, para o que traduciu diversos ensaios de E. Malatesta e A. Bellegarrigue, e o seu sucesor, El Produtor. Con R. Mella, escribiu o folleto La barbarie gubernamental en España (1897), imprentado clandestinamente na Coruña, pero distribuído cunha falsa edición de El Despertar de Brooklyn. En 1925 redactou o limiar da obra de Ricardo Mella, Ideario.
Cronoloxía
-
Nacemento
-
Deceso
Lugar : Barcelona