praxe

praxe

(

  1. s f

    Práctica ou realización de algo.

  2. s f [FILOS]
    1. Acción humana, a miúdo entendida en sentido moral ou práctico, en contraposición a teoría.

    2. Categoría central do marxismo, definida ás veces como unha filosofía da praxe, que subliña a primacía da práctica e da realidade social como fundamento de toda posible teorización, sen significar realmente unha contradición entre teoría e práctica, toda vez que non é entendido senón como a unión de ambas as dúas. Desenvolveron este concepto A. Gramsci, G. Lukács, J. P. Sartre e outros pensadores. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].