Práxedes, santa

Práxedes, santa

(s II) Virxe romana, filla do senador Pudente ou Pudencio, que hospedara a san Pedro na súa casa. Coa súa irmá, santa Pudenciana, dedicábase a socorrer os mártires. Non sufriron martirio, pero asociáronas aos mártires polo perigo do seu cometido. A súa festividade celébrase o 21 de xullo.

Palabras veciñas

Praxágoras de Cos | praxe | Práxedes | Práxedes, santa | praxeoloxía | Praxíteles | Prayer Book