Praxíteles
Praxíteles
Escultor. Traballou case sempre en Atenas e para particulares. Atribúenselle máis de corenta de obras -algunhas delas coñecidas por copias romanas. A súa obra de mocidade presenta o ritmo e a sinuosidade que caracterizaron a súa obra posterior. Destacan Eros, Afrodita de Cnidos, Venus de Arles de Provenza e Ártemis Brauronia. En plena madurez desprazou o centro de gravidade das figuras a fin de acentuarlles o ritmo (Apolo Saurocton, Hermes). A súa obra representou a culminación do período clásico.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Atenas