preconizar

preconizar

(< lat praeconizāre)

  1. v t

    Gabar ou eloxiar publicamente algo ou a alguén.

    Ex: O poema preconizaba a beleza da dama.

  2. v t

    Propor ou defender algo.

    Ex: A solución que el preconizaba era a boa.

  3. v t

    Anunciar algo antes de que ocorra.

    Ex: Preconizou a nosa vitoria.

    Confrontacións: augurar, presaxiar.
  4. v t [DER/RELIX]
    1. Facer relación, no consistorio pontificio, dos méritos dunha persoa presentada por un rei ou príncipe para ser designada bispo ou para obter algunha dignidade eclesiástica.

    2. Proclamar solemnemente o papa o nomeamento dun bispo no consistorio.

Conxugar
VERBO preconizar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preconizo
preconizas
preconiza
preconizamos
preconizades
preconizan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preconizaba
preconizabas
preconizaba
preconizabamos
preconizabades
preconizaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preconicei
preconizaches
preconizou
preconizamos
preconizastes
preconizaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preconizara
preconizaras
preconizara
preconizaramos
preconizarades
preconizaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preconizarei
preconizarás
preconizará
preconizaremos
preconizaredes
preconizarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preconizaría
preconizarías
preconizaría
preconizariamos
preconizariades
preconizarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preconice
preconices
preconice
preconicemos
preconicedes
preconicen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preconizase
preconizases
preconizase
preconizasemos
preconizasedes
preconizasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preconizar
preconizares
preconizar
preconizarmos
preconizardes
preconizaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
preconiza
-
-
preconizade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preconizar
preconizares
preconizar
preconizarmos
preconizardes
preconizaren
Xerundio preconizando
Participio preconizado
preconizada
preconizados
preconizadas