precontrato

precontrato

(< pre- + contrato)

s m [DER]

Convenio mediante o que as partes se comprometen a celebrar, nun momento posterior, un determinado contrato e a emitir, nun momento futuro, a declaración de que se prestará un definitivo consentimento contractual. Unha teoría máis moderna di que é o inicio dunha única relación contractual desenvolvida en dúas etapas. Na primeira, as partes xa están de acordo no contido da súa vontade, e na segunda, reservan a facultade de esixir a entrada en vigor do contrato nun momento posterior.

Palabras veciñas

preconizar | preconsciente | precontinente | precontrato | precordial | precordialxia | precoz