Pregl, Fritz
Pregl, Fritz
Fisiólogo austríaco. Estudou medicina na Universidade de Graz, e foi discípulo de W. Ostwald en Leipzig e de Emil H. Fischer en Berlín. Polos seus traballos sobre os ácidos biliares e sobre todo polos seus novos métodos de microanálise orgánica recibiu o Premio Nobel de Química en 1923. Das súas obras destaca Die quantitative Microanalyse (1917).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Laibach, actualmente Ljubljana -
Deceso
Lugar : Graz