Prego
Prego
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de orixe galega que trae un escudo axadrezado de prata e goles, de quince pezas, en disposición de tres por cinco. Outro presenta, en campo de goles, un castelo de ouro, deitado polo flanco destro de tres estrelas de ouro colocadas en pau, adestradas, á súa vez, dunha espada alta de prata, e polo flanco sinistro do castelo, unha cruz floreteada, de prata.