Prego Carregal, Luís
Prego Carregal, Luís
Empresario da comunicación. Correspondente de prensa e xefe do gabinete da Consellería de Cultura (1986), colaborou en El Correo Gallego. Participou, xunto ao debuxante Javier González Asenjo, no deseño de numerosos logotipos e anagramas para institucións galegas, dos que destacan o escudo de Galicia, a bandeira co escudo de Galicia, a Medalla de Ouro de Galicia e a Medalla Castelao. Escribiu Saber ser, saber estar (Normas, consellos e curiosidades) (1994).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Vilagarcía de Arousa