Prelog, Vladimir

Prelog, Vladimir

Químico bosníaco, naturalizado suízo. Estudou no Ceské Vysoké Ucení Technické de Praga e foi profesor en Zagreb e noutras universidades europeas. Recibiu o Premio Nobel de Química (1975), compartido con J. W. Cornforth, polas súas investigacións sobre a estrutura química e a función orgánica dalgúns esteroides de vital importancia.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Sarajevo

  • Deceso

    Lugar : Zúric