premyslida

premyslida

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente á dinastía premyslida.

  2. s [HIST]

    Membro da dinastía bohemia fundada a principios do s VIII por Premysl, lendario campesiño que foi elixido como esposo para a princesa Libussa. Fundadores do estado bohemio nos comezos do s X, acadaron, baixo Vladislav II, o título de rei, que se converteu en hereditario con Otakar I. A dinastía extinguiuse en 1306 e o seu representante máis ilustre foi Venceslau I de Bohemia.

Palabras veciñas

premoriencia | premorrer | premunición | premyslida | preñado -da | Prenant, Auguste | preñar