Presente
Presente
[PUBLIC]
Xornal publicado na Guarda a partir do 19 de xaneiro de 1936. Cesou en 1938. Subtitulado “Semanario defensor de la Patria”, foi fundado por un grupo de conservadores que xa dirixiran a última etapa de El Heraldo Guardés (1934-1935). Prohibida a súa publicación ao pouco tempo, cambiou a cabeceira pola de Porvenir (1936), para volver a Presente tras o triunfo dos nacionais.