presente
(< lat praesente)
-
adx e s
Que ou quen se atopa no lugar ou á vista dunha persoa ou dun acontecemento.
Ex: Non estaba presente cando o dixo. OBS: Referido a persoa emprégase en plural. Ex: Recibiu os parabéns dos presentes.
Antónimos: ausente. -
adx
Que ocorre no momento en que se fala.
Sinónimos: actual. -
adx
Que está na memoria, no recordo ou no pensamento.
Ex: Sempre teño presentes os seus consellos.
-
s
m
Tempo actual.
-
s
m
[LING]
Tempo verbal, non marcado, que expresa unha acción máis ou menos coincidente co momento do enunciado. É un tempo imperfecto, en tanto que expresa a acción no seu transcurso. Os valores máis frecuentes que pode presentar son: a) presente intemporal ou permanente: refírese a realidades concibidas fóra do tempo, eternas, ou de validez ilimitada (Os tres ángulos dun triángulo suman dúas rectas, Dúas e dúas son catro, O ceo é azul). É un uso moi frecuente en constatacións de tipo xeral, normas de conduta, cando se queren expresar verdades absolutas, nos textos legais, etc; b) presente habitual: expresa accións habituais, que se repiten con regularidade (Traballa na fábrica, Come ás tres da tarde); c) presente prospectivo (praesens pro futuro): expresa unha acción futura, que vén indicada por un adverbio de tempo ou estrutura equivalente (Mañá imos a París, Esta noite ceamos algo lixeiro); d) presente histórico: cando se emprega con valor de pasado. Neste caso trasládase a orixe ou punto de referencia ao pasado, e desde esa orixe contémplase esa acción como simultánea (No s XV xorde unha nova visión do home, A pedagoga Concepción Arenal nace en Ferrol en 1820); e) presente con valor imperativo: é frecuente o seu uso con valor estilístico (Ti vés comigo). Morfoloxicamente o presente de indicativo presenta como característica, nos verbos regulares, a ausencia de sufixo modo temporal /º/ (and-a-º-mos, varr-e-º-mos, part-i-º-mos); mentres o presente de subxuntivo presenta un sufixo modo temporal /e/-/a/ en distribución complementaria, /e/ (and-e-mos) para CI e /a/ para CII e CIII (varr-a-mos, part-a-mos).
-
s
m
Cousa que se dá a alguén en sinal de recoñecemento ou afecto.
Sinónimos: agasallo, obsequio, regalo.
Refráns
- Máis quero agora ovos que mañá polos.
- MelIor son hoxe ovos que mañá galiña.