regalo
regalo
(< regalar)
-
s
m
Cousa que se dá a alguén en sinal de recoñecemento ou afecto.
Sinónimos: agasallo, galano. -
s
m
Gusto ou pracer que algo proporciona.
-
s
m
Cousa moi barata.
Refráns
- A cabalo dado non lle míre-lo dente.
- O que pouco custa, pouco se estima.
- Prenda que come ninguén a tome.
- Regálame, miña comadre, que non teño quen me regale.
- Regalo de monxa, cunea de leite por cunea de aceite.
- Tanto regalo tráeme regalada, tódolos meses camisa lavada.