regalicia
(
-
s
f
-
[PLANTA]
Planta herbácea perenne, de 50 a 100 cm de alto, co tronco leñoso, rizomatoso e doce, follas imparipinnadas, con folíolos elípticos enteiros, flores azuis e violetas, reunidas en acios cilíndricos, e de froitos en legume comprimido. Medra en solos arxilosos e húmidos de terra lenta, na Europa Meridional e Oriental.
-
Pasta que se extrae da raíz de Glycyrrhiza glabra, e que se emprega como aditivo edulcorante en bromatoloxía e farmacia, e na elaboración de lambonadas.
-
[PLANTA]
-
regalicia de montaña
[PLANTA]
Planta herbácea perenne, cespitosa, co tronco leñoso e doce, follas compostas de tres folíolos lanceolados ou lineais, flores rosadas ou purpúreas, olorosas, reunidas en glomérulos, e froitos en legume terminados en punta e con unha ou dúas sementes. Medra en prados de alta montaña, nos Pireneos e noutras cordilleiras europeas.