Previsión

Previsión

Publicación editada na Coruña a partir de 1927. Subtitulouse “Órgano de la Federación de Cajas de Ahorro-Montes de Piedad de Galicia”. Cunha periodicidade trimestral, funcionou como voceiro desa sociedade, informando das súas actividades e incluíu noticias, bibliografía e lexislación de carácter económico.