Primaticio, Francesco
Primaticio, Francesco
Arquitecto, escultor e pintor italiano. Formouse en Boloña e foi discípulo de Giulio Romano, con quen colaborou nos frescos do Palazzo del Te en Mantua (1526-1530). Traballou sobre todo en Francia, chamado por Francisco I (1531). Primeiro con Rosso Fiorentino e despois só, dirixiu as obras e a decoración das estancias do Château de Fontainebleau e proxectou a capela funeraria dos Valois en Saint-Denis. Influíu na escola de Fontainebleau.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bolonia -
Deceso
Lugar : París