priorado

priorado

(< lat priorātu)

  1. s m

    Oficio ou dignidade de prior ou prioresa.

  2. s m [RELIX/HIST]

    Territorio en que tiña xurisdición un prior ou unha prioresa.

  3. s m [RELIX]

    Mosteiro ou casa relixiosa rexida ou habitada por un prior ou prioresa. Entre os beneditinos, así como nos premonstratenses e as ordes militares, existía o priorado simple, unido a unha abadía, e o priorado conventual ou casa autónoma, non elevado á categoría de abadía.

  4. s m [RELIX]

    Convento dos dominicanos, cartuxos, carmelitas, servitas, mercedarios e ermitáns de Santo Agostiño.

Palabras veciñas

prior | Prior | Prior, Matthew | priorado | prioral | priorat* | prioresa