procesionaria

procesionaria

(< procesión)

s f [ENTOM]

Larva das bolboretas da familia dos notodóntidos. Reciben este nome porque viaxan dun lugar a outro en longas ringleiras, emitindo cada unha un fío de seda que lles serve de guía ás outras. Tanto a procesionaria do piñeiro (Thaumetopoea pityocampa) como a procesionaria do carballo ou da aciñeira (T. processionea) poden provocar pragas forestais.

Palabras veciñas

procesar | procesión | procesional | procesionaria | procesionario | proceso | procesual