procesual

procesual

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao proceso.

    Sinónimos: procesal.
  2. adx

    Que segue ou ten un proceso.

    Sinónimos: procesal.
  3. arte procesual [ARTE]

    Tendencia artística do s XX que agrupa o body art, o happening, o fluxus e a arte do comportamento. Reflite o traballo dos artistas que buscan evidenciar o puramente pragmático da arte. A obra é a representación directa dos materiais e importa máis a súa elaboración ca o produto final, polo que se tematiza o proceso de transformación.

Palabras veciñas

procesionaria | procesionario | proceso | procesual | Procházka, Antonin | Procida | procidencia