progresismo

progresismo

(< progreso)

  1. s m [HIST/POLÍT]

    Tendencia que defende unhas ideas ou programas sociais e políticos avanzados, non estancados no pasado, que corresponden á convicción de que a sociedade camiña de forma progresiva cara a unha perfección cada vez maior.

  2. s m [RELIX]

    Doutrina e tendencia que integran relixiosamente a loita pola reforma das estruturas sociais, políticas e económicas, baseándose na necesidade de poñer en contacto a fe e a vida no mundo actual. Destaca a Union des Chrétiens Progressistes (UPC), fundada en Francia en 1945. Pódese considerar como un antecedente do fenómeno da secularización.