Progresistas Vigueses
Progresistas Vigueses
Nome científico:
[DPG]
Agrupación política fundada en 1998 en Vigo por M. Soto Ferreiro e Agustín Arca Fernández, e que máis tarde se fusionou con outros partidos para crear Progresistas Vigueses-Democracia Progresista Galega. Autodefiníronse como unha opción política galeguista, nacionalista, democrática e progresista. Presentáronse ás eleccións locais de Vigo en 1999 e 2003, en que acadaron dous concelleiros. En 2004 os seus membros integráronse no Partido Galeguista.