Propaganda Científica, La
Propaganda Científica, La
Publicación editada en Santiago de Compostela a partir de 1885. Subtitulada “Revista semanal de ciencias”, foi fundada e dirixida polo doutor A. Vila Nadal. Imprimiuse nos obradoiros da Tipografía Galaica. De carácter científico, tentou ofrecer datos sobre as novidades aparecidas en Galicia, a situación das estacións de bioloxía, os laboratorios, os xardíns botánicos, a Universidade compostelá, disposicións lexislativas e artigos de crítica e reflexión sobre cuestións relativas ás ciencias.