propio -pia

propio -pia

(< lat propĭu)

  1. Que recibe a percepción da posición, do equilibrio e dos seus cambios no sistema muscular, especialmente na locomoción.

  2. adx
    1. Que pertence a alguén ou que é da súa propiedade.

      Ex: Ten casa propia. Quérelle como se fose o seu propio fillo.

    2. Que é característico ou peculiar dunha persoa ou cousa.

      Ex: O bo humor é propio da súa personalidade.

    3. Que é natural.

      Ex: Ese é o seu propio pelo.

    4. Que atinxe en exclusiva a quen se expresa.

      Ex: Ten unha visión propia dos feitos

  3. adx

    Que se está designando con exactitude o ser ou o obxecto de que se fala.

    Ex: Felicitouno o propio ministro.

  4. adx

    Que é conveniente ou adecuado.

    Ex: Esas cortinas son propias para a sala.

  5. [LING]
    1. adx

      Que é adecuado ao significado ou uso orixinal das palabras, en oposición a figurado.

    2. derivación propia

      Formación de palabras a partir doutras xa existentes, segundo unhas leis determinadas, con cambio de palabras primitivas.

    3. nome propio

      Nome que designa a un individuo, en oposición a nome común, que designa a especie.

  6. [MAT]
    1. adx

      Aplícase á fracción ordinaria que ten o numerador menor ca o denominador.

    2. valor propio

      autovalor.

    3. vector propio

      autovector.

  7. s m [DER/HIST]

    Conxunto de terras comunais que pertencían a un concello e que os seus beneficios eran destinados a sufragar os gastos dos seus servizos públicos. OBS: Adoita empregarse en plural.

    Confrontacións: alcabala.

Frases feitas

  • O propio. O mesmo. Ex: Como non os chamamos eles fixeron o propio.

Palabras veciñas

propina | propinar | propinco -ca | propio -pia | propio -pia | propioceptivo -va | propioceptor