propio -pia
(< lat propĭu)
-
adx
-
Que pertence a alguén ou que é da súa propiedade.
Ex: Ten casa propia. Quérelle como se fose o seu propio fillo.
-
Que é característico ou peculiar dunha persoa ou cousa.
Ex: O bo humor é propio da súa personalidade.
-
Que é natural.
Ex: Ese é o seu propio pelo.
-
Que atinxe en exclusiva a quen se expresa.
Ex: Ten unha visión propia dos feitos
-
-
adx
Que se está designando con exactitude o ser ou o obxecto de que se fala.
Ex: Felicitouno o propio ministro.
-
adx
Que é conveniente ou adecuado.
Ex: Esas cortinas son propias para a sala.
-
[LING]
-
adx
Que é adecuado ao significado ou uso orixinal das palabras, en oposición a figurado.
-
derivación propia
Formación de palabras a partir doutras xa existentes, segundo unhas leis determinadas, con cambio de palabras primitivas.
-
nome propio
Nome que designa a un individuo, en oposición a nome común, que designa a especie.
-
adx
-
[MAT]
-
adx
Aplícase á fracción ordinaria que ten o numerador menor ca o denominador.
-
valor propio
autovalor.
-
vector propio
autovector.
-
adx
-
s
m
[DER/HIST]
Conxunto de terras comunais que pertencían a un concello e que os seus beneficios eran destinados a sufragar os gastos dos seus servizos públicos. OBS: Adoita empregarse en plural.
Confrontacións: alcabala.
Frases feitas
-
O propio. O mesmo. Ex: Como non os chamamos eles fixeron o propio.