prosaico -ca
prosaico -ca
(< lat prosaĭcu)
-
adx
Relativo ou pertencente á prosa.
-
adx
Aplícase, en sentido pexorativo, á obra artística ou a calquera acción que require dun ton máis elevado ou dun tratamento máis digno.
Ex: Tivo un comportamento excesivamente prosaico.
-
adx
Que carece de idealismo por estar demasiado achegado ao material ou ao convencional.
Ex: Só pensa nas cousas prosaicas da vida.