Prosas Galegas
Prosas Galegas
[LIT]
Conxunto de textos escritos por Florentino López Alonso-Cuevillas, publicados en 1962, con prólogo de Marino Dónega. Divídese en catro partes, segundo os temas que trata, e o comezo de cada unha delas anúnciase cunha ilustración. No primeiro apartado, de carácter literario, incluíronse textos que pretendían provocar unha reflexión ao lector, moitos deles referidos á cultura galega; no segundo, inseríronse ensaios, dos que destaca “Dos nosos tempos”; no terceiro hai recensións sobre escritores galegos; e no cuarto textos de antropoloxía e prehistoria.