Prosperi, Filippo
Prosperi, Filippo
Fotógrafo italiano. Chegado a Vigo en 1870 cunha compañía dramática, abandonou o teatro en 1876 para instalar un dos primeiros obradoiros fotográficos en Vigo. En 1884 instalouse na rúa do Príncipe, desde onde retratou a evolución da cidade e das súas xentes. Tras a súa morte, a súa colección fotográfica, en que se inclúen diversas imaxes da cidade olívica e o caderno Galicia Pintoresca, pasou a mans da súa muller, Cándida Otero, e, tras a morte desta (1915), a Xaime Pacheco, polo que quedou incluída no Arquivo Pacheco.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Vigo