Proust, Marcel
Escritor. En La Sorbonne seguiu os cursos de filosofía de Bergson, que influíron decisivamente na súa concepción do tempo. Frecuentou a alta sociedade, obxecto do seu estudo, e froito desta primeira época son Les plaisirs et les jours (1896), recompilación de artigos e ensaios. Cara a 1895 comezou unha longa novela autobiográfica, Jean Santeuil, onde xa se atopaban prefigurados temas e formas da Recherche, pero que abandonou. A lectura de Ruskin ensinoulle a circunscribir a realidade metaforicamente e tamén a abordala a través do filtro da sensibilidade. En 1905 illouse da sociedade e comezou À la recherche du temps perdu. Enfermo, Proust dedicouse, nunha desesperada carreira contra a morte, ao traballo de preparación e corrección das últimas partes, desexo que non satisfixo plenamente. A súa obra é unha loita contra o tempo, coa memoria como arma. É o verdadeiro inspirador das tendencias máis vangardistas da literatura, xunto con James Joyce. Tamén escribiu un volume de Pastiches et Mélanges (1919), un de Chroniques (1927), un ensaio titulado Contre Sainte-Beuve (1954) e unha abundante correspondencia. Na literatura galega, Xesús Riveiro Costa traduciu ao galego Á busca do tempo perdido.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso