Provincias Unidas
República federal que xurdiu pola Unión de Utrech (1579), coa unión de sete provincias dos Países Baixos do Norte (Gelderland, Holanda, Zelanda, Utrech, Frisia e, desde 1594 Overijssel e Groningen), tras obter a independencia da monarquía hispánica. En 1648 sumáronse parte dos Países Baixos meridionais e recoñeceuse definitivamente a súa independencia pola Paz de Münster. Alcanzou unha gran prosperidade e expansión comercial, acompañada no interior pola laicización da cultura e a tolerancia relixiosa e política. A competencia con Inglaterra provocou a súa crise, agravada definitivamente cos ataques franceses xa que, aínda que formaba parte da Liga de Augsburgo, non puido evitar a invasión de 1795, que provocou o exilio do príncipe de Orange e o cambio do nome das Provincias Unidas polo de República Batava.